buscador
Operación
Tipo aluguer
Inmoble
Poboación
Situación
Radio de acción (Km)
Habitacións
Superficie (m²)
Prezo (€)
Persoas
Opcións
Buscar por referencia
Favoritos

Pode engadir unha referencia á lista premendo o botón favoritos que atopará na páxina de detalle de tódolos inmobles.

Sen elementos

LONGAN TRADE

Cangas de Morrazo (Pontevedra)
LONGAN TRADE Cangas de Morrazo
Ano construción: 2009

Trátase dunha promoción de nova construción, situado preto do inicio da rúa Longan, pertencente ao barrio de Coiro, no centro urbano de Cangas, ubicada nunha zona de gran interese pola súa localización próximo á praia de Rodeira e a tan só uns minutos da vía rápida.

Executada con materiais de primeira calidade, tanto no interior do inmoble como na súa pel exterior, de excelentes acabados que lle confire un ambiente realmente acolledor, todo iso grazas ao aproveitamento da luz natural sobre as escaleiras e outros detalles como dispor de chan de mármore en todas as zonas comúns de comunicación.

Está repartida en catro plantas sobre a rasante, baixo destinado a locais comerciais á fronte e a vivenda na traseira ademais de tres plantas máis dedicadas tamén a vivenda, unha delas baixocuberta de gran amplitude. Conta con dous sótanos destinados a rochos e a prazas de garaxes.

Cabe mencionar que se trata dun inmoble situado nunha parcela illada, asollado e que o acceso aos garaxes se realiza a través de rampas de pendente relaxada, independentes por plantas, con amplitude en todas as prazas de garaxe.

Terminado no ano 2009, o prezo de venda inclúe a cociña amoblada sen electrodomésticos, ademais da praza de garaxe e o rocho.

Modelos
NomeTipoSuperficieHabitaciónsPrezo
P2 1º B 2dPiso65 m²2102.000 €
P2 1º D 1dApartamento40 m²171.000 €
P1 ATICO D 1dÁtico40 m²173.000 €
Distancia a

Concello de Cangas: 500 mts, Concello de Cangas: 6 min, Praia de Rodeira: 300 mts, Praia de Rodeira: 4 min