buscador
Operación
Tipo aluguer
Inmoble
Poboación
Situación
Radio de acción (Km)
Habitacións
Superficie (m²)
Prezo (€)
Persoas
Opcións
Buscar por referencia
Favoritos

Pode engadir unha referencia á lista premendo o botón favoritos que atopará na páxina de detalle de tódolos inmobles.

Sen elementos

Preguntas frecuentes

Que garantías teño que achegar para alugar unha vivenda?

Vai depender do propietario do piso que che interese, pero como norma xeral o imprescindible é depositar unha fianza equivalente a mes e medio de renda e acreditar uns ingresos periódicos (normalmente presentando copia do contrato de traballo e da nómina máis recente).

Nalgúns casos tamén pode ser necesario a presentación dun aval bancario ou persoal, a firma dun contrato de arbitraxe ou a contratación dun seguro fronte a impagos. 

Busco unha vivenda en aluguer, teño que pagar polo voso servizo?

Non, Inmobiliaria Lares ofrece un servizo integral e gratuito para o arrendatario, é dicir, para ti que vas a ser o inquilino.

Quero alugar unha vivenda... cal vai ser o proceso?

O proceso para o aluguer da túa vivenda habitual a través de nosa inmobiliaria é o seguinte:

1. Elixe o piso que che gusta e consúltanos tódalas condicións para o seu aluguer.

2. Presenta as garantías económicas requiridas para a súa avaliación.

3. Se a resposta do propietario é positiva comezamos os trámites para a súa reserva: facilitámosche o borrador do documento de reserva -que contén as mesmas cláusulas que o contrato de aluguer- para que nos consultes calquera dúbida e cando teñas todo claro asinaremos o documento e entregarás a fianza requirida.

4. Chegada a data pactada reunirémonos novamente para asinar o contrato e entregarche as chaves, momento no que terás que abonar a primeira mensualidade. Agora xa podes comezar a disfrutar o teu novo piso!